río (2013)
O proxecto Río é un cúmulo de visións captadas nas contornas do río, nunha lembranza do universo háptico que vivín cos meus maiores. Desenvolvelo foi para min un fluxo de emoción despoxado de aprendizaxes adultos, ás veces contradictorio, entre taxante e amable, entre o inmediatamente táctil e o onírico, o minúsculo e a inmensidade.